
Entrache de puntillas, sen facer ruido. Levavas algo agochado nas costas, pero eu non podía velo. De feito, non vía nada: estaba durmido. Sentía a túa presencia por ese olor que deixas ó pasar, que posiblemente só existe na miña imaxinación, tan afeito ela ás camisolas esquecidas nos armarios a medio encher. No fondo, recoñecerei que o esperaba. Non me pareceu demasiado inxenioso, por outro lado. Sempre imaxinei que o farías inovando, para facer escola, que din. Non pensei en vulgaridades, máis ben nalgo cósmico, divino, elegante. Non é que ti o sexas. Definitivamente, xamáis fuches elegante, cósmica pode que as veces e o adxectivo "divina" non sabería usalo para describir nada que tiveses feito na vida. Tranquilo, sorrín. Nin me molestei en fechar os ollos. Esperaba que ainda te demoraras unha semana ou dúas. Tomar decisións nunca foi o teu forte e a fin de contas estábaste adiantando ao calendario marcado, cando ti sempre fuche máis de chegar tarde, perder trens e apagar despertadores. Abrindo discretamente un ollo comprobei que eran as des da mañá. Iso restoulle dramatismo e deulle ese toque tan teu que eu no fondo agardaba. A xente común faino de madrugada, ó amencer ou antes do almorzo, pero nunca de resaca e co licor café ainda latexando na roupa espallada baixo a cama. Subiche á cama. Iso non tía, que vas manchar as sabas, que as lavei esta mañá. Debichesme ler o pensamento porque baixache dun chimpo. Agora, no reflexo do despertador sen pilas puiden ver a ferramenta: unha chave inglesa, grande e brillante. Abrín os ollos, excitado e mireite fixamente, cun sorriso na cara. Suicídame! berrei, desexoso de sentir o metal fendéndome a cabeza en dous. Suicídame dunha puta vez. Non atopei aínda xeito máis tráxico de parar o cuco. Cortarse as veas é de divos e aforcarse de vaqueiros e eu sempre fun un neno de cidade. Non quero salpicar as sabas nin a alfombra de Pórtico, a rapaza do tinte sempre me chisca o ollo e a diferenza de ti, milito na fidelidade conxugal. Tampouco me gustaría que o caseiro che quitase a fianza. E definitivamente non quero que me autopsien.
Quero que me estampes a loita de clases no cerebelo e me deixes tranquilo cohabitando coas miñocas.
Pero ti estás dubindando.
Sabíao, ese é o teu problema.
Non podes acabar o que empezas e mírate: agora tes na cama un cadáver cos ollos moi abertos, coas pernas moi pechadas.
Bicos cuspidos con moito xeito...parabéns.Torreira
ResponderExcluirOlé.
ResponderExcluirE suicidácheste coa chave inglesa ao final ou?
ResponderExcluirPara o tipo que se suicida coa pedra resulta máis doado atopar a ditosa pedra que para o peixe que se quere afogar cun globo...
ResponderExcluirEu síntome un peixe. Non sei se é que non quero afogar ou que non atopo globos elevadores...
Penso que ten que haber maneiras máis doces de morrer. Ou?
A chave inglesa non está mal pero para estes casos eu case prefiro a serra eléctrica. É mais ruidosa, eso si.
ResponderExcluir