Finxamos que foi un accidente.
Que eu hoxe non viñen procurando acubillo. Que non me
tremen as maos ó desvirgar
te.
Que non corro e tiro do freno e derrapo e espétome e salta o airbag e afogo.
Que non esperas de min unha amante incansable que volva cada día, que pase os meus dedos e corra a imaxinación e se corra quen se teña que correr.
Que non teño medo
a escoitar
me
probar
me
cansar
me
querer
me
sentir
me
ler
me
berrar
me
perder
me
tocar
me
entender
me
durmir
me
espertarme
percorrer
me
atopar
me
matarme
Finxamos, logo, que estou viva. Que escribo para non estar estar morta.
Finxamos que
Alodia escribe, non se sabe moi ben se viva ou morta.
Finxamos que a tipa esta escribe porque é máis doado que ter un mozo, ir ao cine, emborracharse, meterse mao, discutir, cortar, volver, chorar, follar, volver a volver, volver a chorar, drogarse, volver a volver e volver a follar, volver, follar, cortar, volver, chorar, beber.
Finxamos que é máis doado escribir que atopar o valor para tirarse pola xanela.
E con esa certeza, sigamos.