Finxamos que foi un accidente.
Que eu hoxe non viñen procurando acubillo. Que non me tremen as maos ó desvirgarte.
Que non corro e tiro do freno e derrapo e espétome e salta o airbag e afogo.
Que non esperas de min unha amante incansable que volva cada día, que pase os meus dedos e corra a imaxinación e se corra quen se teña que correr.
Que non teño medo
a escoitarme
probarme
cansarme
quererme
sentirme
lerme
berrarme
perderme
tocarme
entenderme
durmirme
espertarme
percorrerme
atoparme
matarme
Finxamos, logo, que estou viva. Que escribo para non estar estar morta.
Finxamos que Alodia escribe, non se sabe moi ben se viva ou morta.
Finxamos que a tipa esta escribe porque é máis doado que ter un mozo, ir ao cine, emborracharse, meterse mao, discutir, cortar, volver, chorar, follar, volver a volver, volver a chorar, drogarse, volver a volver e volver a follar, volver, follar, cortar, volver, chorar, beber.
Finxamos que é máis doado escribir que atopar o valor para tirarse pola xanela.
E con esa certeza, sigamos.
Saturei
Há 5 semanas
jajajaja, que bo o de aznar!
ResponderExcluirGústame o blog, esperarei ansioso novas entradas, jeje!
Aaaburiño!
siniestro e boikot estivéronche en Muros no Castelo Rock...
ResponderExcluirmoita xuventú tola...
de quen vés sendo?
Encantoume este texto, de verdade, marabilloso.
ResponderExcluirContra todo dito, a min gústanme os bos comezos. Case sempre deparan boas singladuras.
ResponderExcluirSin duda comezaches (esta singladura) con mo bo xeito. Gustarame ver como replegas as velas ou como as izas cando se tercie...
Dedos ceibados!
É máis, o licor café ten unha resaca fodida. (`_^)
ResponderExcluirPois se a che gusta ser unha muller libre, linda e loca, como lle gustan ó da pintada, poida que con esa mestura pague a pena vir por auqí a miudo, ver como vai medrando o teu blog, que está hoxe recien nado!
ResponderExcluir¡que che dure a ilusión!
(eu marcho de vacacións estes dias, pero á volta heite vir ver)
interesante, gustoume
ResponderExcluirei, alodia, que non me acordaba da visita prometida.
ResponderExcluirpor aquí ando!
:-)
Comezo polo principio. E gustame.
ResponderExcluir