Mostrando postagens com marcador Revoltallo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Revoltallo. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 5 de outubro de 2009

Raiba ou a fonética dos jetaimes

Acto Primeiro. 

Ía cortarme as veas sen molestar a naide pero apareciches cun bote de mel e un millón de soños e dixéchesme que fosemos ó río e por primeira vez en moito tempo quixen estar viva, pensei que a xigantesca bola de neve e mierda non necesariamente tiña que acabar conmigo. 
Por suposto, estaba equivocada.
E agora plantaría lume a un monte, acoitelaría a Frida Kahlo polas costas, cotizaría en bolsa, cultivaría un millón de eucaliptos.
Para que me odiases.
Quérote. 
Díxenche que non te quería.
Creo que era mentira.



Acto segundo. 
Pensei que non me deixarías caer.
Que nunca chegaría ao chan, pero eu estou caendo neste intre mesmo e non atopo os teus brazos.
Teño os xeonllos rabuñados.
Pode ser que caia demasiadas veces. Tamén é certo que te afastei dunha patada na boca.
Pode que simplemente pese demasiado para que me sosteñas cando caio.



Acto terceiro. Lorazepam.

O ceo é azul e a herba é verde.
Estou de bo humor.
Todo vai ben.












.

quarta-feira, 23 de setembro de 2009

Os mandamientos




I

"Eu quería que me leras o pensamento
que souberas o que sinto sen que tivera que dicilo
que entenderas o que ninguén entende
o que eu non descifro
que confiaras nas miñas mentiras
-que agochan algunhas verdades importantes-
que desculparas a miña existencia
e xustificaras os meus microsuicidios
ti non soubeche
ou eu non te deixei
pero da igual
a culpa sigue sendo miña"



II

Se non sabes que buscas
non te enteras do que atopas



III

Para construir un nós
primeiro teño que crear un min
e pasar certo tempo sen tentar sabotealo




IV

Elas non o saben
pero cando pelexan
eu practícome unha sesión de budú



V


O amor non é un capítulo de Anatomía de Grey
é unha partida ao Tekken III





...