Acto Primeiro.
Ía cortarme as veas sen molestar a naide pero apareciches cun bote de mel e un millón de soños e dixéchesme que fosemos ó río e por primeira vez en moito tempo quixen estar viva, pensei que a xigantesca bola de neve e mierda non necesariamente tiña que acabar conmigo.
Por suposto, estaba equivocada.
E agora plantaría lume a un monte, acoitelaría a Frida Kahlo polas costas, cotizaría en bolsa, cultivaría un millón de eucaliptos.
Para que me odiases.
Quérote.
Díxenche que non te quería.
Creo que era mentira.
Acto segundo.
Pensei que non me deixarías caer.
Que nunca chegaría ao chan, pero eu estou caendo neste intre mesmo e non atopo os teus brazos.
Teño os xeonllos rabuñados.
Pode ser que caia demasiadas veces. Tamén é certo que te afastei dunha patada na boca.
Pode que simplemente pese demasiado para que me sosteñas cando caio.
Acto terceiro. Lorazepam.
O ceo é azul e a herba é verde.
Estou de bo humor.
Todo vai ben.
Estou de bo humor.
Todo vai ben.
.