domingo, 30 de agosto de 2009

Consumirmonos



O consumismo é unha leria. Consumimos roupa, non nos dura, para que nos vai durar, se a moda cambia e nós imos detrás. Consumimos comida de "comer e tirar", de paquete, de meter no micro e listo. Consumimos tecnoloxía, un móvil tras outro. E consumimos persoas. Serei unha rancia, pero consumimos persoas como se fosen paquetes de lasaña conxelada. Hoxe unha, mañá outra, sen máis preocupacións que as nosas, sen máis mirar pra adiante (eh?), evitando problemas cun simple corto e cambio. Trátase de compromiso a todos os niveis, pero por algunha razón meteusenos o consumismo na cabeza e viaxou ata o corazón e xa non só pasamos do compromiso político, do compromiso familiar ou do compromiso de ter unha planta e que non morra. Agora ata querer é demasiado compromiso, e por iso preferimos consumirnos uns a outros, até que non quede nada. Desbotar e seguir, e a outra cousa. E a quen lle importa realmente?



* * *

14 comentários:

  1. Iso chámase picaflor. Cariño non sei se busca pero un caldiño quente se cadra sí.
    Saudos.

    ResponderExcluir
  2. :) (non tes blog? así podemos máis ben "recoñecernos")

    ResponderExcluir
  3. quero facerme seguidora do teu blog. como fago?. biquinhos

    ResponderExcluir
  4. ummm... tenho que saber quem és, soa todo demasiado familiar

    ResponderExcluir
  5. Que curioso, non eres a primeira/o primeiro que mo di :)

    ResponderExcluir
  6. teño unha teoria sobre quen eres, e penso que non me equivoco (podo aventurar que estudas...?)

    :)

    ResponderExcluir
  7. eu creo que xa che sei
    e si, xa nos coñecemos... agora semento eu a dúbida en ti... espero!
    reineta

    ResponderExcluir
  8. canta intriga!
    confesareite que (creo) escoitei falar moito de ti, pero non te coñezo personalmente, así que agora a que está sementada de dúbidas son eu.

    E tamén entre o medo e o morbo de perder o anonimato, claro

    ResponderExcluir
  9. pode ser que estudes filoloxía galega?

    ResponderExcluir
  10. erro! igual estou mellorando a miña colocación do pronome, pero non tanto como para q me confundas con unha protofilóloga ;)

    ResponderExcluir
  11. carallo, enton estaba equivocada :S

    ResponderExcluir
  12. tamén hai algo que se chama MEDO
    e dese medo grande nacen todos os outros pequenos:
    medo a querer
    medo a comprometerse
    medo a vivir
    a pensar
    ...

    ResponderExcluir