domingo, 18 de abril de 2010

desertización

Racho por difetentes puntos. Coseume un tonto. No entanto, fico. Realmente non é valentía, é que non sabería irme. Paréceme que isto é coma cando tiñamos que saltar vallas en ximnasia, e corres e colles impulso e estás segura de que desa pasas por riba pero entón enredanseche os pés e caes e doe pero segues saltando porque non che queda outra. Un puto campo de minas. Cando pregunten eu renegarei 1, 2, 3 veces coma puñaladas agardadas. Pésanme sacos de serrín no corazón.
Non voltará brillar, pero a iso sempre nos acostumamos.






.

4 comentários:

  1. Valentía talvez fose parar diante das valas e dicir non salto máis. Ou non. A min a dúbida asáltame sempre nestas cousas das coraxes. Con sacos de serrín no corazón andamos moitos, só que non souberamos expresalo tan ben.

    ResponderExcluir
  2. Sustanciosa surrealista posta en escea. Moi agradable.Bicos

    ResponderExcluir
  3. Hai que atopar un costureiro millor. Eu ía camiño de coser ben e enterouse quen non debía, e fodímola... E era muller, que é o que máis me amola.
    Coidarse, si?

    ResponderExcluir