BICASOS CON LINGUA

sábado, 1 de dezembro de 2012





Como se fora outubro, penso: estará? Baixo a mirada, unha liña, dúas, tres.
Non está.

E eu estou nunha praia. Corro cara a beira.
É de noite e sinto o corazón latexar na gorxa cando me bota auga xeada e ri.
Ri, e caio dentro desa risa, xiro, xiro xiro xiroxiroxiroxiro...
Estou comendo salmón mentres olla cara min e ten medo.
Estou irrumpindo no seu espazo mentres me esquiva para levar un cuberto á boca
Vale... As miñas mans son torpes patas que non saben atopar a caricia perfecta. É certo.
Estou roubando minutos ao universo para compartilos con ela.
Estou colándome, agochándome, calando, agardando.
Estou escollendo un reloxo que lle lembre que a cada minuto penso en ela.
Estou escollendo uns zapatos para que ao camiñar sinta que estou ao seu carón.
Estou procurando unha foto que me lembre que existiu.
E existiu?
Pero é que tamén estou buscando un acantilado onde ceibar as ilusións. Un paso, outro paso, outro máis. Non podo parar. Estamos perto de selo todo, ou de non ser máis. Eu teño que ir alén, teño que ir. Sei que non virá conmigo. Non cabe ollar atrás. Eu vou saltar. Teño que saltar.
E joder, sei que non saltará conmigo. Sei que non saltarás conmigo.

Um comentário:

  1. 3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... runt placa - consultar runt - exito colombia - exito colombia - exito colombia

    ResponderExcluir

ceiba os teus dedos
(o teclado como forma de sexo)